"Tiempos de guerra", a nova serie de Bambú para Antena 3 que sucederá a "Velvet"

Atresmedia volverá contar coa nosa socia Bambú Producciones ("Velvet", "Gran Hotel", "Bajo Sospecha") para perfeccionar unha produción que consagre aínda máis a marca Series Atresmedia. Para facer fronte a ese reto nace "Tiempos de guerra", un novo melodrama que chegará en 2017 a Antena 3.
 

Óscar Graefenhain, nomeado novo director do ICAA

O Consello de Ministros designou o pasado venres a Oscar Graefenhain, ex director xeral de deportes do Consello Superior de Deportes (CSD), como novo director xeral do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) en substitución de Lorena González, cesada o día anterior no marco da "renovación dos equipos de traballo", segundo fontes do Ministerio de Cultura, "tralos novos nomeamentos dentro da Secretaría de Estado de Cultura", que ocupa Fernando Benzo.
 

A serie de Bambú Producciones para Antena 3 "Velvet" podería chegar á gran pantalla

Os bos resultados de audiencia que ao longo de catro temporadas colleitou a serie producida pola nosa socia Bambú Producciones para Antena 3 "Velvet" fixo que se plantee a posibilidade de convertela nunha spin-off ou incluso nunha película e levala á gran pantalla. Segundo publica "La Voz de Galicia"en base a "algunhas informacións", a produtora da ficción estase planteando ambas posibilidades para seguir sacándolle rendibilidade ás galerías máis famosas da televisión.
 

Filmax retransmitirá en directo nas salas de cine a obra "Tristán e Isolda" desde o Teatro da Ópera de Roma

Filmax distribuirá nos cines españois a temporada do Teatro da Ópera de Roma 2016/2017 que abrirá con "Tristán e Isolda", de Richard Wagner, dirixida por Daniele Gatti con posta en escea de Pierre Audi, este domingo 27 de novembro ás 16:30 horas. A obra é unha coprodución do Teatro da Ópera de Roma, o Teatro dos Campos Elíseos de París, a Ópera Nacional de Amsterdam e o Teatro Municipal de Sao Paulo.
 

Finaliza en Verín a rodaxe da serie "Vidago Palace", primeira coprodución entre a TVG e a RTP

A rodaxe da serie "Vidago Palace", primeira coprodución da Televisión de Galicia e a Radio Televisión de Portugal (RTP), rematou este mércores en Verín.  Esta ficción histórica, que se emitirá nas dúas canles públicas, levouse a cabo ao abeiro do convenio marco de colaboración asinado en xuño entre ambas televisións e contou co apoio do Agadic e o ICA, de Portugal.
 

Eventos

Axudas

  • EACEA 21/2016 - Apoio ao desenvolvemento de contidos de paquetes de proxectos / Slate Funding.
  • Programa Re-Acciona TIC 2016