Comunicación

A información máis actual e de interese sobre a actividade do Clúster Audiovisual Galego e das súas empresas asociadas, así como sobre o sector do audiovisual e os seus profesionais.

O CLAG elabora e distribúe un boletín de periodicidade mensual coas novas máis destacadas do sector audiovisual.

Últimas novas

O Clúster Audiovisual Galego participa activamente no mercado Mipcom de Cannes

O Clúster Audiovisual Galego está presente desde hoxe luns, día 16, nunha nova edición da feira Mipcom, na localidade francesa de Cannes, para promover e apoiar a internacionalización da industria audiovisual galega. Entre os obxectivos da entidade tamén está difundir todo o talento e a calidade de Galicia a través dos produtos audiovisuais e fomentar o seu consumo.
 

A 11ª edición do “I+P Ideas para producir” conta coa colaboración da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA)

O pitching “I+P Ideas para producir” organizado polo Clúster Audiovisual Galego conta na súa undécima edición coa colaboración da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA). Trátase da primeira actuación que se leva a cabo dentro do camiño iniciado por ambas entidades para manter unha colaboración máis estreita. Nesta ocasión ten como obxectivo favorecer a participación dos membros de CREA no pitching cunhas condicións preferentes.
 

Un proxecto de videoxogo galego seleccionado para participar na 3ª edición do Pitching Audiovisual Universitat-Indústria coa colaboración do Clúster Audiovisual Galego

proxecto de videoxogo galego “As Chiaventuras” resultou seleccionado para participar na terceira edición do Pitching Audiovisual Universitat–Indústria do Clúster Audiovisual de Catalunya. A selección do proyecto foi posible grazas á colaboración establecida entre o Clúster Audiovisual Galego, a Universidade da Coruña e o clúster catalán, enmarcada no labor realizado por estas tres entidades para conectar o novo talento coa industria audiovisual.
 

Próximos eventos

Últimas galerías

Últimos boletíns