Fondos públicos

Esta empresa participa nun proxecto de internacionalización, operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

                                      

Como apoio ao proceso de internacionalización, o Clúster Audiovisual Galego ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do Igape  cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER de Galicia 2014-2020, OT3. 

Conseguir un tecido empresarial mais competitivo. Unha maneira de facer Europa.

O obxectivo principal destas axudas é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

 

O Clúster Audiovisual Galego é beneficiario dunha axuda concedida ao abeiro da Convocatoria 2016 das axudas ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia.

Data de resolución da concesión: 28 de novembro de 2016.

Data de publicación no DOGA: 18 de agosto de 2016.

Norma Reguladora: RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Órgano concedente: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Crédito Orzamentario:1.500.000 € para o ano 2016, 2.000.000 € para o ano 2017 e 1.670.000 € para o ano 2018.

Contía subvención: 62.000,68 € (para os anos 2016, 2017 e 2018).

Finalidade: o fomento da competitividade, a innovación e a cooperación empresarial en distintos sectores da actividade económica en Galicia mediante a concesión de axudas ás entidades xurídicas xestoras de agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras galegas consolidadas para a realización de actividades neses eidos.

Cofinanciado por:

 

      

 

O Clúster Audiovisual Galego participa no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016

Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016
 
Como apoio ao proceso de internacionalización, o Clúster Audiovisual Galego ten axuda concedida polo IGAPE para participar no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. “Conseguir un tecido empresarial mais competitivo”.
 
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa
O obxectivo principal do Programa Exporta Organismos Intermedios 2016 é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
 
Proxecto cofinanciado polo Igape, Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do programa operativo 2014-2020.
 

 

Título de proxecto: Convocatoria 2013 de axudas para axudas ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FEDER GALICIA 2007-2013.

Data de resolución da concesión: 27 de decembro de 2013.

Data de publicación no DOG: 5 de xullo de 2013.

Norma Reguladora: Resolución do 28 de xuño de 2013 pola que se lle da publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FEDER GALICIA 2007-2013.

Órgano concedente: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Crédito orzamentario: 2.100.000€ para o ano 2013, 200.000€ para o ano 2014 e 1.900.000€ para o ano 2015.

Contía da subvención: 142.482,45€ (para os anos 2013, 2014 e 2015).

Finalidade: promover o desenvolvemento económico mediante o fomento da innovación e a cooperación en distintos sectores da actividade económica en Galicia, con estruturas xurídicas que representen a estas agrupacións clúster. En particular, axudas a determinados investimentos desenvoltos e explotados polas agrupacións, necesarios para facilitar o impulso tecnolóxico e a innovación; e tamén axudas de funcionamento para o arranque e a consolidación destas.

Proxecto cofinanciado:

 
 

Título de proxecto: LIBREPLAN AUDIOVISUAL: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais.

Data de resolución da concesión: 22 de novembro de 2011.

Data de publicación no DOG: 14 de Decembro de 2011.

Norma Reguladora: Resolución do 7 de abril de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011 e 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013.

Órgano concedente: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Xunta de Galicia.

Crédito orzamentario: 2.900.000€ (1.160.000€ para o ano 2011 e 1.740.000€ para o ano 2012).

Contía da subveción: 36.240 €.

Finalidade: Subvencións aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa Dixital no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011 e 2012.

Proxecto cofinanciado:

 

Comparte:

Descargas relacionadas