Noticias

O audiovisual galego presenta os seus proxectos e servizos a profesionais de Francia e Arxentina

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe, en Santiago, un encontro das empresas do Clúster Audiovisual Galego con profesionais do sector de Francia e Arxentina.  As socias do Clúster Aeromedia U.A.V., Agallas Films, CESGA, CTV, Otiiplanet Group e Portocabo tiveron a ocasión de presentar diante de axentes destes dous países os seus proxectos e a súa carteira de servizos.
 

O Clúster Audiovisual Galego estrea nova imaxe corporativa

O Clúster Audiovisual Galego renovou a súa imaxe corporativa para dar maior visibilidade aos valores de marca e reforzar a súa posición como órgano representativo do sector no mercado galego, nacional e internacional. O cambio de imaxe do Clúster inclúe tamén o lanzamento da campaña “Consume Audiovisual Galego”, que pretende difundir o talento e a calidade de Galicia a través dos produtos audiovisuais e fomentar o seu consumo.
 

O filme "Brujerías", producido por Agallas Films, candidato nos Premios Platino

A coprodución "Brujerías", da socia Agallas Films e a produtora brasileira Otto Desenhos Animados, e participada pola Televisión de Galicia, competirá por ser a mellor película de animación iberoamericana na cuarta edición dos prestixiosos Premios Platino do Cine Iberoamericano.
 

O Clúster Audiovisual participa na presentación da nova programación de Coruña Dixital

O presidente do Clúster Audiovisual Galego, Jorge Algora, participou o pasado venres no acto de presentación da nova programación de Coruña Dixital, unha iniciativa municipal posta en marcha o pasado ano e que ten como finalidade dar visibilidade e dinamizar as comunidades dixitais que existen na Coruña e facilitar a participación activa da veciñanza en novas prácticas culturais e creativas.

O modelo de axudas do ICAA ao cine español, a debate nun encontro do Clúster Audiovisual co sector de Galicia

A Cidade da Cultura acolleu na tarde de onte, en Santiago, unha nova edición dos “Coloquios Clúster” organizados polo Clúster Audiovisual Galego entre representantes do Instituto de la Ciencias y las Artes Cinematográficas (ICAA) e o sector audiovisual de Galicia. 
 
A xornada contou co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e co colaboración do ICAA, AGADIC e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI).
 

Destacada participación no Conecta FICTION do Clúster Audiovisual Galego, que estreará campaña, contará cun espazo propio e promoverá un encontro profesional

O Clúster Audiovisual Galego participará activamente no primeiro foro internacional de coprodución de ficción para televisión Conecta FICTION, que terá lugar en Santiago de Compostela do 20 ao 23 de xuño. O Clúster contará cun espazo propio no evento que servirá como paraugas da industria audiovisual galega e promoverá un encontro entre os seus socios e as delegacións empresariais arxentina e francesa.
 

O Clúster Audiovisual Galego participa na presentación da primeira edición de Conecta FICTION en Santiago

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu onte a presentación de Conecta FICTION, o primeiro encontro de coprodución de ficción televisiva (series e miniseries) entre Europa, Latinoamérica e Estados Unidos, que terá lugar do 20 ao 23 de xuño en Santiago.

"Migas de Pan", galardoada no Festival Internacional de Dereitos Humanos de Bos Aires

A película da socia Xamalú Filmes dirixida por Manane Rodríguez, "Migas de Pan" recibiu onte o premio do Público a Película Internacional no Festival Internacional de Dereitos Humanos de Bos Aires.

O Clúster Audiovisual Galego organiza un coloquio co ICAA no que colaboran AGADIC e AGAPI

O Clúster Audiovisual Galego está a organizar unha sesión informativa sobre as axudas do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) ao cine español, centrada desta volta, entre outros asuntos, nas convocatorias do organismo para o presente ano.
 

Páxinas