O Clúster Audiovisual organiza unha xornada sobre Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais

O Clúster Audiovisual Galego organiza, en colaboración con Barrilero y Asociados, unha xornada sobre Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais, que se celebrará o día 24 de maio, ás 10.30 horas, na sede do Clúster en Santiago.
 
José María García-Ogara e Fátima Ochoa, de Bufete Barrilero y Asociados e especialistas en investimentos cinematográficos, exporán a súa experiencia nesta área e describirán as características máis importantes deste tipo de inversións.
 
Durante a sesión afondarase nas desgravacións fiscais por investir en cine, un instrumento óptimo de planificación fiscal que garante unha rendibilidade superior á da maioría dos produtos financeiros do mercado. Asemade, detallaranse as deducións fiscais á I+D+i para o sector TIC e dos contidos dixitais.
 
Esta xornada, que conta co apoio do Igape, está dirixida tanto aos profesionais do audiovisual como a empresas de calquera outro sector e tamaño interesadas nesta ferramenta de planificación e en participar dos beneficios fiscais que supón investir na produción de contidos audiovisuais.
 
A participación nesta xornada é gratuíta ata completar aforo e previa confirmación de asistencia, enviando os teus datos persoais (nome, apelidos e empresa) a comunicacion@clag.es antes do día 23 de maio. Os asistentes teñen tamén a posibilidade de celebrar reunións personalizadas cos profesionais encargados de impartir a xornada solicitándoo con antelación ao mesmo enderezo electrónico.
 
Para ver o Programa da xornada preme aquí.

Comparte: